Día 5 de novembro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Encarna Otero, licenciada en Xeografía e Historia, “As minas de wolframio e o poboado de Fontao”.
29 de outubro
Dentro do ciclo que dedicamos este ano ao Patrimonio Industrial tivemos a conferencia de Enmanuel Lázaro Pérez, un profesional que desenvolve o seu traballo no campo das enerxías renovables. Con quince anos de experiencia como técnico de mantemento é o responsable da parte de enerxías renovables do grupo NEXIA, unha empresa que conta cunha ducia de traballadores que operan en seis pequenas centrais hidroeléctricas e manteñen máis de trinta instalacións fotovoltaicas por toda Galicia.
Despois da presentación efectuada polo presidente Adolfo de Abel Vilela, fixo unha breve introdución histórica sobre o alumado público na cidade de Lugo que se iniciou en 1808 con un sistema individual, dependente de cada veciño para pasar a ser un servizo público dependente do Concello a partir do reinado de Isabel II.
Nun primeiro momento era con aceite, en 1862 ensaiouse na Praza Maior o alumado con petróleo que estará en funcionamento ata o 18 de setembro de 1894 día no que comezou o alumado público eléctrico coa central instalada no río Miño fronte a San Lázaro, da sociedade "Alumbrado Público de Lugo". Como tiña moitos faios en 1898 creouse a sociedade "La Eléctrica Lucense", que instalou a central eléctrica no caneiro do Piago (Outeiro de Rei), comezando a funcionar en 1899.
Día 15 de outubro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Enmanuel Lázaro sobre a "Rehabilitación das centrais eléctricas do Piago e Mondoñedo".
Días 26 e 27 de outubro
ás 7 horas
Viaxe a Lerma (Burgos) para visitar a exposición de Las Edades del Hombre e Peñafiel (Valladolid).
19 de outubro
Dentro do ciclo dedicado ao Patrimonio Industrial estivo a visita á central hidroeléctrica situada no río Miño no caneiro do Piago de Martul (Outeiro de Rei). Os visitantes foron acompañados por Enmanuel Lázaro Pérez, da empresa Nexia Renovables que xestiona a instalación e que foi un dos técnicos responsables da rehabilitación de esta histórica central eléctrica. A visita comezou ás 11,30 horas polo exterior para ver a presa e a canle que leva a auga á turbina e que foi labrada na rocha viva.
O presidente da Asociación Adolfo de Abel Vilela, fixo unha breve introducción histórica para entender a importancia da instalación e a súa relación coa cidade de Lugo. Dixo que nun primeiro momento a electricidade tiña como finalidade principal o alumado público, que en Lugo foi primeiro con aceite, despois con petróleo, en 1879 con gas e o 18 de setembro de 1894 coa electricidade, ao mesmo tempo que se instalaba nalgunhas casas particulares e edificios públicos. Pero como non era eficiente o subministro que ofrecía a "Sociedad de Alumbrado Público de Lugo" que tiña a concesión municipal do alumado público, un grupo de comerciantes e pequenos industriais crearon en 1898 a "Sociedad Anónima La Eléctrica Lucense", que obtivo o 16 de setembro de 1898, a autorización para o aproveitamento de 10.000 litros de auga por segundo do río Miño no punto denominado Piago de Martul no concello de Outeiro de Rei con destino a forza motriz e outras industrias. A obra da presa, canle e edificio para albergar a central foi dirixida polo arquitecto municipal Juan Álvarez de Mendoza, seguindo os planos da casa instaladora Ahlemeyer y Cª, enxeñeiros de Bilbao.
Día 19 de outubro, sábado
ás 10 horas
Viaxe a Outeiro de Rei para visitar a fábrica hidroeléctrica do Piago.
O 28 de setembro saímos de Lugo ás 8,30 horas para facer a viaxe á Mariña Lucense dentro do Ciclo dedicado ao Patrimonio Industrial. Comezamos as visitas programadas visitando a partir das 10,30 horas a basílica de San Martiño de Mondoñedo, vinculado a San Rosendo, onde recibimos a explicación da guía no interior do templo que nos explicou as características da igrexa, programa iconográfico das pinturas románicas, renacentistas e barrocas e significado do altar pétreo e representacións dalgúns capiteis. Posteriormente fixemos un percorrido polo centro de interpretación do monumento onde completamos a información.
Como o día 10 tivemos a conferencia de Adolfo de Abel Vilela sobre, “As fábricas de fundición e louza de Sargadelos no agromar industrial de Galicia”, era obrigado facer unha visita ao que queda daquela grande iniciativa. Comezamos o percorrido ás 12,15 horas na Casa da Administración recibindo as documentadas e amenas explicacións de Elisa Pérez sobre as orixes e vicisitudes das Reales Fábricas de Sargadelos. O presidente fixo unha breve intervención para falar sobre o proceso de fabricación das louzas estampadas diante das pezas expostas que foron admiradas por los viaxeiros.
Día 28 de setembro, sábado
ás 8 horas
Visitas a San Martiño de Mondoñedo, conxunto histórico-artístico de Sargadelos, conxunto e fábrica hidroeléctrica de José Barro en Chavin e souto da Retorta.
Saída ás 8,30 horas.
Día 10 de setembro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Adolfo de Abel Vilela sobre, “As fábricas de fundición e louza de Sargadelos no agromar industrial de Galicia”.
Día 10 de setembro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Adolfo de Abel Vilela sobre, “As fábricas de fundición e louza de Sargadelos no agromar industrial de Galicia”.
De 19 e 20 h.
Viaxe do día 28 de setembro para visitar San Martiño de Mondoñedo, Sargadelos, conxunto e fábrica hidroeléctrica de Barro en Chavin.
Viaxe a Lerma (Burgos) e Peñafiel (Valladolid) os días 26 e 27 de outubro para visitar a exposición Angelli de Las Edades del Hombre, prezo en habitación dobre por persoa, 170 €. En habitación individual, 190 €.
Día 19 de outubro a Outeiro de Rei para visitar a fábrica hidroeléctrica do Piago, 5 €.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.